Día das Letras Galegas: Concurso de vídeopoemas en galego

Boas a todos!

Achégase o día das Letras Galegas, no que este ano se homenaxea a Ricardo Carvalho Calero. Pola nosa parte queremos celebrar este día convocando un concurso de vídeopoemas en galego. Dádelle ás á vosa creatividade e enviádenos a vosa presentación! As bases son as seguintes:

  • A participación neste concurso implica a creación dunha presentación audiovisual breve que inclúa un poema en lingua galega.
  • A temática será libre. O poema deberá conter como mínimo 6 versos e irá acompañado de imaxes e de música ou voz.
  • Poderá participar no concurso calquera membro da comunidade educativa. Cada concursante poderá entregar só unha presentación. A participación no concurso presupón a aceptación destas bases.
  • O poema deberá ser orixinal, non copiado doutro autor nin traducido doutra lingua.
  • Lembra que as imaxes e a música utilizadas deben ser de uso libre e non estar suxeitas a dereitos de autoría que impidan o seu uso e publicación.
  • A presentación deberá entregarse obrigatoriamente por dúas vías:
    • Enviándoa ao enderezo electrónico do centro: epa.albeiros.lugo@edu.xunta.es indicando no asunto “Concurso de videopoemas”. Tamén se indicará no texto do mail o NOME, CURSO E GRUPO da persoa participante e o TÍTULO do vídeopoema. De resultar gañador/a comunicarase respondendo ao enderezo electrónico do remitente.
    • Subíndoo ao FACEBOOK do EPAPU como resposta ao post que anuncia o concurso.
  • O prazo de presentación rematará o sábado 30 de maio de 2020 ás 23:59.
  • O xurado estará composto por membros do EDLG e membros do equipo directivo do centro.
  • Premios:
      • Primero premio: 30 euros en material escolar.
      • Segundo premio: 15 euros en material escolar.

CONCURSO DE videopoemas.png

VERSIÓN EN LSE:

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s