O EDLG convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía. Nesta ocasión, o tema será libre. O prazo para enviar as vosas fotografías é o 30 de abril de 2020. Deixámosvos as bases aquí debaixo, así como a versión en LSE:

Versión en LSE:
O EDLG convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía. Nesta ocasión, o tema será libre. O prazo para enviar as vosas fotografías é o 30 de abril de 2020. Deixámosvos as bases aquí debaixo, así como a versión en LSE:
Versión en LSE:
O EDLG convoca a segunda edición do Concurso de Postais de Nadal para este ano 2020. Aquí podedes ver as bases.
Co gallo do Samaín, o Equipo de Dinamización lingüística do EPAPU de Albeiros convoca a II Edición do Concurso de Relato Breve e Concurso de Banda Deseñada ou Cómic en galego. A través destes certames abertos á participación de estudantes de calquera nivel deste centro, procuramos o fomento do noso idioma e a creatividade entre o alumnado. Animádevos a participar!
Podes ler aquí as bases:
Ola a todos!
Esperamos que sigades ben. Queremos comunicarvos que, como publicamos nas redes hai uns días, xa temos gañadores do Concurso de Videopoemas celebrado co gallo do Día das Letras Galegas:
Moitísimas grazas a todos pola vosa participación!
Boas a todos!
Achégase o día das Letras Galegas, no que este ano se homenaxea a Ricardo Carvalho Calero. Pola nosa parte queremos celebrar este día convocando un concurso de vídeopoemas en galego. Dádelle ás á vosa creatividade e enviádenos a vosa presentación! As bases son as seguintes:
VERSIÓN EN LSE:
Co gallo do 14 de febreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EPAPU Albeiros convoca unha nova edición de o concurso de mensaxes que mostren agarimo e afecto cara outra persoa con formato de mensaxe breve (SMS, Whatsapp, email …). O prazo para presentar as mensaxes será o 15 de febreiro de 2020. Deixamos aquí as bases do concurso e a súa versión en LSE. Animádevos a participar!
Versión en LSE:
Xa temos gañadores do Concurso de Postais de Nadal:
Deixámosvos un vídeo presentación cunha mostra dalgunhas das postais que presentou o alumnado.
O EDLG convoca a segunda edición do concurso de fotografía. Nesta ocasión, o tema será a diversidade no EPAPU Albeiros e no Barrio da Milagrosa. As fotografías deberán retratar a diversidade cultural e social do noso centro e do noso barrio, reflectindo todo o que demostre a convivencia positiva. O prazo para enviar as vosas fotografías é o 30 de abril de 2020. Deixámosvos as bases aquí debaixo, así como a versión en LSE:
Co gallo do Samaín, o EDLG convocou un concurso de banda deseñada e de relato breve. Os gañadores son:
Laura Pazo Castro (2º BAC): Primeiro Premio de Narrativa con “Na maleza”.
Jael Balseiro Porto (2º BAC): Primero Premio de Comic-Banda Deseñada.
Noraboa aos dous!
O EDLG convoca un concurso de postais de Nadal. Le aquí as bases e anímate a participar. Tes ata o 19 de decembro!