Quiz no Día das Linguas de Signos Españolas

Boas a todos!

Como sabedes, este ano o EDL organizou o Recuncho da Lingua de Signos, que primeiro tivo un formato físico e logo virtual, coa fin de difundir esta lingua, ferramenta de traballo no EPAPU Albeiros. Esperamos que o ano que vén teña continuidade!

Hoxe, día 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, polo que queremos homenaxeala propoñéndovos un xogo baseado nalgúns dos signos que algún de vós aprendestes no Recuncho. Aínda que non vos achegarades, podedes tentar facelo igual porque é moi faciliño! Se non, sempre podedes visitalo na súa versión virtual aquí antes de facelo ;).

Aquí volo deixamos para que disfrutedes!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6116575-adivina_o_signo.html

A experiencia do Recuncho da LSE

Levamos xa tres semanas de Recuncho da LSE, a actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega que anunciamos no post anterior. Queremos compartir con vós como se está desenvolvendo esta experiencia ata o momento. Os grupos que nos visitaron foron na súa meirande parte de alumnado que asiste actualmente ás clases de Galego e castelán para inmigrantes. Ademais de contarlles algunhas características das linguas de signos, puidemos falar con eles sobre algúns aspectos da comunicación non verbal nos seus países de procedencia, e comprobar así as diferenzas e similitudes que existen. Despois fixemos unha pequena sesión de lingua de signos, onde practicamos o alfabeto dactilolóxico e expresións básicas para saudar e identificarse. Moitos dos asistentes puideron por primeira vez dicir o seu nome en lingua de signos española e comezar a pensar no seu signo identificativo. Cando volte a normalidade, esperamos contar de novo con eles para aprender signos útiles para comunicarse no centro, e confiamos en que outros alumnos, profesores e persoal non docente do EPAPU se achegue para seguir enriquecendo o recuncho.

Foto Recuncho LSE

1.jpg2.jpg

Versión en LSE:

Recuncho da Lingua de Signos

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza unha actividade para difundir o coñecemento das linguas de signos e o uso da lingua de signos española (LSE). A actividade consistirá na habilitación dun recuncho no descanso do primeiro andar do EPAPU, no que se situará un panel informativo que recollerá cuestións relacionadas coas linguas de signos e enunciados da LSE. A información contida no panel cambiará mensualmente ata final de curso. Por outra parte, haberá tres sesións semanais para explicar dúbidas e ensinar algúns signos e conceptos relacionados con aspectos de comunicación básica nesta lingua.

Os horarios serán os seguintes:

  • Venres de 11:00 a 12:00
  • Mércores de 18:35 a 19:05
  • Xoves de 16:45 a 17:15

CARTAZ LSE

Versión en Lingua de Signos Española: