Quiz no Día das Linguas de Signos Españolas

Boas a todos!

Como sabedes, este ano o EDL organizou o Recuncho da Lingua de Signos, que primeiro tivo un formato físico e logo virtual, coa fin de difundir esta lingua, ferramenta de traballo no EPAPU Albeiros. Esperamos que o ano que vén teña continuidade!

Hoxe, día 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, polo que queremos homenaxeala propoñéndovos un xogo baseado nalgúns dos signos que algún de vós aprendestes no Recuncho. Aínda que non vos achegarades, podedes tentar facelo igual porque é moi faciliño! Se non, sempre podedes visitalo na súa versión virtual aquí antes de facelo ;).

Aquí volo deixamos para que disfrutedes!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6116575-adivina_o_signo.html

Creamos o Recuncho da LSE virtual

Hoxe é venres, un dos días nos que estaríamos no Recuncho da LSE presencialmente para practicar un ratiño con vós. Como non queremos perder o costume, creamos un recuncho virtual no que podedes practicar vós mesmos. Só tedes que abrir a presentación, pinchar en avanzar (na dereita) e premer no olliño verde para ver como se executan os signos (na segunda páxina) e as expresións (na terceira páxina).

Esperamos seguir actualizando os paneis con novos signos mentres dure o confinamento nas casas, coa fin de continuar coa actividade normal. Confiamos en que vos guste! Moito ánimo a todos!

Materiais educativos do Seminario Galán e o Grupo GRILES sobre María Victoria Moreno

UVigo GRILES

Con motivo do Día das Letras Galegas deste ano, dedicado a María Victoria Moreno, o Seminario Galán levou a cabo materiais educativos adaptados para Educación Infantil e Primaria. En colaboración co grupo GRILES (Universidade de Vigo), realizáronse tamén en lingua de signos española (LSE) biografías da autora homenaxeada adaptadas a distintos niveis de infantil e primaria, así como a tradución a esta lingua de fragmentos da súa obra, interpretados por María Bao Fente, membro de GRILES. Para acceder, podedes pinchar nestes enlaces:

Materiais en LSE sobre María Victoria Moreno

Web do Seminario Galán

 

O noso vídeo para o Proxecto Youtubeir@s!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou un vídeo no que alumnado, profesorado e persoal non docente do EPAPU Albeiros conta a súa experiencia traballando e estudando nun centro de adultos. O vídeo é accesible para as persoas xordas mediante a lingua de signos española (LSE) e o subtitulado (que se pode activar no propio Youtube). Foi presentado ao Proxecto Youtubeir@s, que ten como obxectivo “promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotitoriais a través dunha das redes sociais máis influíntes do momento, YouTube.” (http://youtubeiras.gal/proxecto/).

#youtubeiras #youtubeiros

Esperamos que vos guste!

Entroido nas EBI-1

O alumnado de Ensinanzas Básicas Iniciais (Nivel 1) levou a cabo actividades relacionadas co Entroido que recollen algúns dos personaxes típicos desta festa nas distintas zonas de Galicia. No vestíbulo do primeiro andar pódense ver as fichas realizadas por eles. Deixámosvos aquí unha mostra en vídeo dos seus traballos, acompañada do son do Folión de Vilariño de Conso.

Versión en Lingua de Signos Española: