Queres participar en Abrindo paso?

Ola de novo!

Esperamos que sígades todos ben. Queremos comentarvos que este ano tamén sacaremos o número correspondente da revista do centro, Abrindo paso, o nº 11 xa, pero cunha novidade: imprimirase en setembro para publicala a principio do curso. Tendo en conta a situación na que nos atopamos, cremos que é o máis axeitado neste momento. Así, coma sempre, pedimos a vosa colaboración para enchela de contido e que fagades  propostas de artigos ou outro tipo de colaboración.

Só unhas pequenas normas:

  • Todos os traballos deberán levar autoría e curso.
  • Non poden ser un simple corta-pega.
  • Deben enviarse en formato editable, non un pdf. Si que se pode enviar, a maiores do formato editable, un pdf ou foto do artigo se se desexa dar unha indicación sobre forma, posición de imaxes, etc.
  • As imaxes deben enviarse cada unha por separado do artigo (inda que tamén se inclúan nel).
  • Todas as imaxes teñen que incluír a orixe ou autoría (web, etc).
  • O traballo debe incluír bibliografía (libros, artigos, webs, …).
  • É moi conveniente que se inclúa tamén teléfono e correo electrónico de contacto.

A data límite para entrega dos artigos será na primeira semana de xuño.

Podes enviar a túa colaboración e consultares dúbidas neste correo electrónico: naturaisepalugo@yahoo.es

Animádevos a enviarnos a vosa colaboración!

 

Revista Abrindo Paso.png

VERSIÓN EN LSE: