OUTONO DE NOSO: CONCURSO

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, en colaboración cos outros departamentos, convoca o concurso “Outono de noso”. O obxectivo deste concurso é a presentación de traballos relacionadas coa temática da estación na que nos atopamos, como poden ser as colleitas, as festas do San Froilán e outras tradicións galegas do mes de novembro como o Samaín, o Día de Defuntos, etc. Podedes consultar as bases do concurso aquí:

Versión en LSE:

II Edición do Concurso de Relato Breve e Banda Deseñada ou Cómic no Samaín

Co gallo do Samaín, o Equipo de Dinamización lingüística do EPAPU de Albeiros convoca a II Edición do Concurso de Relato Breve e Concurso de Banda Deseñada ou Cómic en galego. A través destes certames abertos á participación de estudantes de calquera nivel deste centro, procuramos o fomento do noso idioma e a creatividade entre o alumnado. Animádevos a participar!

Podes ler aquí as bases: