Participa na terceira edición do Concurso Dimo en Galego! Consulta as bases aquí:

Participa na terceira edición do Concurso Dimo en Galego! Consulta as bases aquí:
Aquí temos as gañadoras dos tres premios do Concurso de Postais de Nadal de 2020. Podedes ver os deseños no vídeo. Noraboa!
Primeiro premio: Margarita Díaz Fernández
Segundo premio: Estefanía Vázquez Argerey
Terceiro premio: María del Carmen López Muñoz
Bo Nadal!
No Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, enchimos os taboleiros do EPAPU Albeiros con mensaxes e citas. Podedes velos neste vídeo (inclúe a interpretación á LSE):
Ola a todos!
Esperamos que sigades ben. Queremos comunicarvos que, como publicamos nas redes hai uns días, xa temos gañadores do Concurso de Videopoemas celebrado co gallo do Día das Letras Galegas:
Moitísimas grazas a todos pola vosa participación!
Ola de novo!
Esperamos que sígades todos ben. Queremos comentarvos que este ano tamén sacaremos o número correspondente da revista do centro, Abrindo paso, o nº 11 xa, pero cunha novidade: imprimirase en setembro para publicala a principio do curso. Tendo en conta a situación na que nos atopamos, cremos que é o máis axeitado neste momento. Así, coma sempre, pedimos a vosa colaboración para enchela de contido e que fagades propostas de artigos ou outro tipo de colaboración.
Só unhas pequenas normas:
A data límite para entrega dos artigos será na primeira semana de xuño.
Podes enviar a túa colaboración e consultares dúbidas neste correo electrónico: naturaisepalugo@yahoo.es
Animádevos a enviarnos a vosa colaboración!
VERSIÓN EN LSE:
Hoxe é venres, un dos días nos que estaríamos no Recuncho da LSE presencialmente para practicar un ratiño con vós. Como non queremos perder o costume, creamos un recuncho virtual no que podedes practicar vós mesmos. Só tedes que abrir a presentación, pinchar en avanzar (na dereita) e premer no olliño verde para ver como se executan os signos (na segunda páxina) e as expresións (na terceira páxina).
Esperamos seguir actualizando os paneis con novos signos mentres dure o confinamento nas casas, coa fin de continuar coa actividade normal. Confiamos en que vos guste! Moito ánimo a todos!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza unha actividade para difundir o coñecemento das linguas de signos e o uso da lingua de signos española (LSE). A actividade consistirá na habilitación dun recuncho no descanso do primeiro andar do EPAPU, no que se situará un panel informativo que recollerá cuestións relacionadas coas linguas de signos e enunciados da LSE. A información contida no panel cambiará mensualmente ata final de curso. Por outra parte, haberá tres sesións semanais para explicar dúbidas e ensinar algúns signos e conceptos relacionados con aspectos de comunicación básica nesta lingua.
Os horarios serán os seguintes:
Versión en Lingua de Signos Española:
O día 17 de febreiro terá lugar o relatorio Galego-portugués: Orixe, situación e futuro. A figura de Carvalho Calero, a cargo de Manuel Miragaia. Será na Aula 7 do EPAPU ás 11.30.