Recuncho da Lingua de Signos

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza unha actividade para difundir o coñecemento das linguas de signos e o uso da lingua de signos española (LSE). A actividade consistirá na habilitación dun recuncho no descanso do primeiro andar do EPAPU, no que se situará un panel informativo que recollerá cuestións relacionadas coas linguas de signos e enunciados da LSE. A información contida no panel cambiará mensualmente ata final de curso. Por outra parte, haberá tres sesións semanais para explicar dúbidas e ensinar algúns signos e conceptos relacionados con aspectos de comunicación básica nesta lingua.

Os horarios serán os seguintes:

  • Venres de 11:00 a 12:00
  • Mércores de 18:35 a 19:05
  • Xoves de 16:45 a 17:15

CARTAZ LSE

Versión en Lingua de Signos Española:

Gañadores do concurso do Samaín

Co gallo do Samaín, o EDLG convocou un concurso de banda deseñada e de relato breve. Os gañadores son:

Laura Pazo Castro (2º BAC): Primeiro Premio de Narrativa con “Na maleza”.

Jael Balseiro Porto (2º BAC): Primero Premio de Comic-Banda Deseñada.

Noraboa aos dous!

Cartaz.png

O EPAPU de Lugo contra a violencia de xénero

No 25 de novembro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega sumouse as celebracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así, os membros da comunidade educativa do EPAPU de Lugo puideron deixar as súas mensaxes contra a violencia de xénero en diferentes linguas nos taboleiros do primeiro andar. O seguinte vídeo amosa algunhas das mensaxes.