Quiz no Día das Linguas de Signos Españolas

Boas a todos!

Como sabedes, este ano o EDL organizou o Recuncho da Lingua de Signos, que primeiro tivo un formato físico e logo virtual, coa fin de difundir esta lingua, ferramenta de traballo no EPAPU Albeiros. Esperamos que o ano que vén teña continuidade!

Hoxe, día 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, polo que queremos homenaxeala propoñéndovos un xogo baseado nalgúns dos signos que algún de vós aprendestes no Recuncho. Aínda que non vos achegarades, podedes tentar facelo igual porque é moi faciliño! Se non, sempre podedes visitalo na súa versión virtual aquí antes de facelo ;).

Aquí volo deixamos para que disfrutedes!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6116575-adivina_o_signo.html

A experiencia do Recuncho da LSE

Levamos xa tres semanas de Recuncho da LSE, a actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega que anunciamos no post anterior. Queremos compartir con vós como se está desenvolvendo esta experiencia ata o momento. Os grupos que nos visitaron foron na súa meirande parte de alumnado que asiste actualmente ás clases de Galego e castelán para inmigrantes. Ademais de contarlles algunhas características das linguas de signos, puidemos falar con eles sobre algúns aspectos da comunicación non verbal nos seus países de procedencia, e comprobar así as diferenzas e similitudes que existen. Despois fixemos unha pequena sesión de lingua de signos, onde practicamos o alfabeto dactilolóxico e expresións básicas para saudar e identificarse. Moitos dos asistentes puideron por primeira vez dicir o seu nome en lingua de signos española e comezar a pensar no seu signo identificativo. Cando volte a normalidade, esperamos contar de novo con eles para aprender signos útiles para comunicarse no centro, e confiamos en que outros alumnos, profesores e persoal non docente do EPAPU se achegue para seguir enriquecendo o recuncho.

Foto Recuncho LSE

1.jpg2.jpg

Versión en LSE:

Experiencias no EPAPU. Noveno vídeo: Marcos.

No noveno vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Marcos fálanos da súa perspectiva sobre o ensino de adultos, o perfil do seu alumnado e a experiencia docente neste centro. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Oitavo vídeo: Fátima.

Neste oitavo vídeo da serie Experiencias no EPAPU, voltamos ver unha alumna do centro. Aquí, Fátima cóntanos a súa experiencia neste centro, no que finalizou a ESO e está a estudar Bacharelato. Ela fálanos dos motivos que a levaron a estudar aquí e os seus plans de futuro. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Sétimo vídeo: Quique.

No sétimo vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Quique cóntanos a súa experiencia neste centro, no que leva traballando xa sete anos. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Sexto vídeo: Luciano.

No sexto vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Luciano cóntanos a súa experiencia neste centro e todo o que lle aportará obter o título da ESO. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e ten subtítulos en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Quinto vídeo: Eva

Acabamos de publicar o quinto vídeo da serie Experiencias no EPAPU. Nesta ocasión, Eva cóntanos a súa experiencia docente con persoas adultas, as dificultades coas que se atopa e os retos que afronta. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e ten subtítulos en galego. Esperamos que o desfrutedes! Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Cuarto vídeo: Ángel

Ángel, alumno de Bacharelato do EPAPU, fálanos neste cuarto vídeo sobre a súa experiencia no centro e a utilidade de voltar a estudar para mellorar no seu posto de traballo. Como vén sendo habitual, o vídeo inclúe interpretación en LSE e tamén está subtitulado en galego. Esperamos que o desfrutedes! Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Terceiro vídeo: Carmen

E xa imos polo terceiro vídeo da serie Experiencias no EPAPU Albeiros. Neste, alumna de Ensinanzas Básicas Iniciais Carmen Ferreiro cóntanos a súa experiencia na volta aos estudos. Como vén sendo habitual, o vídeo inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Esperamos que o desfrutedes! Podedes velo aquí abaixo:

Experiencias no EPAPU. Segundo vídeo: Beatriz

Acabamos de publicar Youtube o segundo dos vídeos da serie Experiencias no EPAPU Albeiros. Neste, a profesora Beatriz Paderne cóntanos como é traballar con adultos. O vídeo inclúe interpretación en LSE e, proximamente, subiremos o subtitulado en galego. Esperamos que vos guste! Podedes velo aquí abaixo: