Concurso de Fotografía: A diversidade no EPAPU Albeiros e no Barrio de Milagrosa

O EDLG convoca a segunda edición do concurso de fotografía. Nesta ocasión, o tema será a diversidade no EPAPU Albeiros e no Barrio da Milagrosa. As fotografías deberán retratar a diversidade cultural e social do noso centro e do noso barrio, reflectindo todo o que demostre a convivencia positiva. O prazo para enviar as vosas fotografías é o 30 de abril de 2020. Deixámosvos as bases aquí debaixo, así como a versión en LSE:

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2020.png

Gañadores do concurso do Samaín

Co gallo do Samaín, o EDLG convocou un concurso de banda deseñada e de relato breve. Os gañadores son:

Laura Pazo Castro (2º BAC): Primeiro Premio de Narrativa con “Na maleza”.

Jael Balseiro Porto (2º BAC): Primero Premio de Comic-Banda Deseñada.

Noraboa aos dous!

Cartaz.png

Samaín: Concurso de banda deseñada e relatos breves

O equipo de dinamización lingüística do EPAPU de Albeiros convoca a I edición do concurso de relato breve e concurso de banda deseñada ou cómic en galego co gallo do Samaín. A través destes certames abertos á participación de estudantes de calquera nivel deste centro, procuramos o fomento do noso idioma e a creatividade entre o alumnado. Animádevos a participar!

Podedes ler aquí as bases:

2.png1.png

Versión en LSE:

Concurso Samaín LSE (2019) from EPAPU Albeiros on Vimeo.

 

1º Premio do Concurso de Fotografía O barrio da Milagrosa.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do EPAPU Albeiros concedeu a Diego Moldes Soto o primeiro premio do Concurso de Fotografía, o cal tiña como tema o barrio da Milagrosa nas principais datas do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa. O premio consistiu nun vale de 30 euros en material escolar. Noraboa Diego!

IMG_3381A.jpg

Club de conversa “Abrindo paso ás verbas”

Gústache ler, conversar e coñecer xente? O EDL do EPAPU organiza un club de conversa para persoas interesadas en mellorar as súas competencias orais en lingua galega. Se é o teu caso, a chégate á Biblioteca do EPAPU o próximo mércores día 13 de febreiro ás 19:20. Anímate! Abre paso ás túas verbas!

CLUB DE CONVERSA DEFINITIVO.png

Concurso “Dimo en galego”

Co gallo do 14 de febreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EPAPU Albeiros convoca un concurso de mensaxes que mostren agarimo e afecto cara outra persoa con formato de mensaxe breve (SMS, Whatsapp, email …). O prazo para presentar as mensaxes será o 15 de febreiro. Deixamos aquí as bases do concurso e a súa versión en LSE. Animádevos a participar!

Bases Concurso Dimo en Galego.png

Versión en LSE:

Dimo en galego (versión en LSE) from EPAPU Albeiros on Vimeo.