Concurso “Dimo en galego”

Co gallo do 14 de febreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EPAPU Albeiros convoca un concurso de mensaxes que mostren agarimo e afecto cara outra persoa con formato de mensaxe breve (SMS, Whatsapp, email …). O prazo para presentar as mensaxes será o 15 de febreiro. Deixamos aquí as bases do concurso e a súa versión en LSE. Animádevos a participar!

Bases Concurso Dimo en Galego.png

Versión en LSE:

Dimo en galego (versión en LSE) from EPAPU Albeiros on Vimeo.

Concurso fotográfico: O barrio da Milagrosa

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do EPAPU Albeiros convoca un concurso de Fotografía que terá como tema o barrio da Milagrosa nas principais datas do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa. Aquí podes consultar as bases, así como nas redes sociais do EPAPU: Facebook, Twitter e Instagram. Ao final desta entrada dispoñemos tamén da versión do contido das bases en LSE para persoas usuarias desta lingua. Animádevos a participar!

concurso fotos.jpgbases concurso fotos.jpg.png

Cine en galego no EPAPU

Durante este curso o Equipo de Normalización Lingüística vai programar sesións de cine en galego, que se iniciarán o próximo día 20 de decembro coa proxección da película Sempre Xonxa (1989), dirixida por Chano Piñeiro. O pase terá lugar na aula 7 do EPAPU ás 10:00 da mañá. Esperámosvos alí!

Cine en galego.jpg

O EPAPU de Lugo contra a violencia de xénero

No 25 de novembro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega sumouse as celebracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así, os membros da comunidade educativa do EPAPU de Lugo puideron deixar as súas mensaxes contra a violencia de xénero en diferentes linguas nos taboleiros do primeiro andar. O seguinte vídeo amosa algunhas das mensaxes.

Experiencias no EPAPU. Vídeo 12: María.

Presentámosvos o último vídeo dunha serie no que o persoal docente e non docente e o alumnado nos relatan a súa experiencia. Neste, María explícanos o que conleva traballar en educación con persoas adultas, os retos, as dificultades e as compensacións. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. Podes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Vídeo 11: Miguel.

Presentámosvos o undécimo vídeo dunha serie no que o persoal docente e non docente e o alumnado nos relatan a súa experiencia. Neste, Miguel explica que o levou a estudar no EPAPU, como se sente neste centro e os seus plans de futuro. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Décimo vídeo: Jessica.

No décimo vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Jessica cóntanos a súa motivación para estudar no EPAPU e os seus plans de futuro. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Noveno vídeo: Marcos.

No noveno vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Marcos fálanos da súa perspectiva sobre o ensino de adultos, o perfil do seu alumnado e a experiencia docente neste centro. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí: