Entroido nas EBI-1

O alumnado de Ensinanzas Básicas Iniciais (Nivel 1) levou a cabo actividades relacionadas co Entroido que recollen algúns dos personaxes típicos desta festa nas distintas zonas de Galicia. No vestíbulo do primeiro andar pódense ver as fichas realizadas por eles. Deixámosvos aquí unha mostra en vídeo dos seus traballos, acompañada do son do Folión de Vilariño de Conso.

Versión en Lingua de Signos Española:

Entroido

 

Na EPAPU de Albeiros fixemos unha exposición sobre como se vive o entroido nas distintas zonas de Galicia, os seus costumes e as súas caracterizacións típicas.

Os carteis foron realizados no CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) e atópanse como material didáctico na páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística no seguinte ENLACE.

Versión en Lingua de Signos Española (LSE):