Experiencias no EPAPU. Vídeo 12: María.

Presentámosvos o último vídeo dunha serie no que o persoal docente e non docente e o alumnado nos relatan a súa experiencia. Neste, María explícanos o que conleva traballar en educación con persoas adultas, os retos, as dificultades e as compensacións. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. Podes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Vídeo 11: Miguel.

Presentámosvos o undécimo vídeo dunha serie no que o persoal docente e non docente e o alumnado nos relatan a súa experiencia. Neste, Miguel explica que o levou a estudar no EPAPU, como se sente neste centro e os seus plans de futuro. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Décimo vídeo: Jessica.

No décimo vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Jessica cóntanos a súa motivación para estudar no EPAPU e os seus plans de futuro. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Noveno vídeo: Marcos.

No noveno vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Marcos fálanos da súa perspectiva sobre o ensino de adultos, o perfil do seu alumnado e a experiencia docente neste centro. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Oitavo vídeo: Fátima.

Neste oitavo vídeo da serie Experiencias no EPAPU, voltamos ver unha alumna do centro. Aquí, Fátima cóntanos a súa experiencia neste centro, no que finalizou a ESO e está a estudar Bacharelato. Ela fálanos dos motivos que a levaron a estudar aquí e os seus plans de futuro. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Sexto vídeo: Luciano.

No sexto vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Luciano cóntanos a súa experiencia neste centro e todo o que lle aportará obter o título da ESO. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e ten subtítulos en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Quinto vídeo: Eva

Acabamos de publicar o quinto vídeo da serie Experiencias no EPAPU. Nesta ocasión, Eva cóntanos a súa experiencia docente con persoas adultas, as dificultades coas que se atopa e os retos que afronta. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e ten subtítulos en galego. Esperamos que o desfrutedes! Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Primeiro vídeo: Kevin

Hoxe publicamos en Youtube o primeiro dunha serie de vídeos que recollerán as experiencias do profesorado, do alumnado e do persoal non docente do EPAPU Albeiros. Inauguramos a serie co relato de Kevin, alumno de Bacharelato. Esperamos que vos guste o resultado! Podedes velo aquí abaixo:

O noso vídeo para o Proxecto Youtubeir@s!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou un vídeo no que alumnado, profesorado e persoal non docente do EPAPU Albeiros conta a súa experiencia traballando e estudando nun centro de adultos. O vídeo é accesible para as persoas xordas mediante a lingua de signos española (LSE) e o subtitulado (que se pode activar no propio Youtube). Foi presentado ao Proxecto Youtubeir@s, que ten como obxectivo “promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotitoriais a través dunha das redes sociais máis influíntes do momento, YouTube.” (http://youtubeiras.gal/proxecto/).

#youtubeiras #youtubeiros

Esperamos que vos guste!