Participa na terceira edición do Concurso Dimo en Galego! Consulta as bases aquí:

Participa na terceira edición do Concurso Dimo en Galego! Consulta as bases aquí:
Aquí temos as gañadoras dos tres premios do Concurso de Postais de Nadal de 2020. Podedes ver os deseños no vídeo. Noraboa!
Primeiro premio: Margarita Díaz Fernández
Segundo premio: Estefanía Vázquez Argerey
Terceiro premio: María del Carmen López Muñoz
Bo Nadal!
O EDLG convoca a segunda edición do Concurso de Postais de Nadal para este ano 2020. Aquí podedes ver as bases.
No Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, enchimos os taboleiros do EPAPU Albeiros con mensaxes e citas. Podedes velos neste vídeo (inclúe a interpretación á LSE):
Co gallo do Samaín, o Equipo de Dinamización lingüística do EPAPU de Albeiros convoca a II Edición do Concurso de Relato Breve e Concurso de Banda Deseñada ou Cómic en galego. A través destes certames abertos á participación de estudantes de calquera nivel deste centro, procuramos o fomento do noso idioma e a creatividade entre o alumnado. Animádevos a participar!
Podes ler aquí as bases:
Boas a todos!
Como sabedes, este ano o EDL organizou o Recuncho da Lingua de Signos, que primeiro tivo un formato físico e logo virtual, coa fin de difundir esta lingua, ferramenta de traballo no EPAPU Albeiros. Esperamos que o ano que vén teña continuidade!
Hoxe, día 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, polo que queremos homenaxeala propoñéndovos un xogo baseado nalgúns dos signos que algún de vós aprendestes no Recuncho. Aínda que non vos achegarades, podedes tentar facelo igual porque é moi faciliño! Se non, sempre podedes visitalo na súa versión virtual aquí antes de facelo ;).
Aquí volo deixamos para que disfrutedes!
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6116575-adivina_o_signo.html
Ola a todos!
Esperamos que sigades ben. Queremos comunicarvos que, como publicamos nas redes hai uns días, xa temos gañadores do Concurso de Videopoemas celebrado co gallo do Día das Letras Galegas:
Moitísimas grazas a todos pola vosa participación!
Ola de novo!
Esperamos que sígades todos ben. Queremos comentarvos que este ano tamén sacaremos o número correspondente da revista do centro, Abrindo paso, o nº 11 xa, pero cunha novidade: imprimirase en setembro para publicala a principio do curso. Tendo en conta a situación na que nos atopamos, cremos que é o máis axeitado neste momento. Así, coma sempre, pedimos a vosa colaboración para enchela de contido e que fagades propostas de artigos ou outro tipo de colaboración.
Só unhas pequenas normas:
A data límite para entrega dos artigos será na primeira semana de xuño.
Podes enviar a túa colaboración e consultares dúbidas neste correo electrónico: naturaisepalugo@yahoo.es
Animádevos a enviarnos a vosa colaboración!
VERSIÓN EN LSE: